A pintora Maruxa Olavide, renovadamente abstractiva


Maruxa Olavide. A artista múltiple, que conta con máis dunha trintena de exposicións artísticas: ceras, óleos, acrílicos, esmaltes a fogo sobre metal... Absolutamente autodidacta e autónoma, vive unha xenerosa existencia de oitenta anos entre a composición musical, a literatura infantil, a poesía amorosa e mística, o xornalismo e o canto acompañado de guitarra...

As frecuentes viaxes polo mundo e polo seu país e as lecturas de toda a vida -sobre todo as da moral tradicional- imprimen no seu ánimo, sempre esperto ao coñecemento, os medios propicios para poder captar a limpa realidade das cousas, aparte das súas aparencias.

E nesta natural discrepancia do verdadeiro e do ficticio, Maruxa Olavide non se sinte defraudada nin angustiada, senón que reacciona con puro humor. Humor e amor sobresaen na súa obra. Onde mellor se aprecian estes sentimentos tan positivos, empáticos, é na súa obra literaria...

Os ollos de Maruxa Olavide gozan dunha visión ilimitada. Pasan os anos, mais eses ollos verdes, verdes, non perden o fulgor. Sen a penas mirar, captan a vida e a súa circunstancia.

Ela ama a vida. E a vida devólvelle a paixón. De aí estas pinturas que consegue en cada etapa, fermosas, virxinais, auténticas, como se a autora fose unha forza máis da Natureza, con poder estruturante. Imaxes mesmo abstractas que impactan porque non son deste mundo. Pinceladas seguras, negras, poderosas. Impoñen o seu reinado. Manchas vermellas. Incandescentes. Que sangran polo costado dereito. Verdes audaces avasalan e avantaxan. Azuis que iluminan descoñecidos firmamentos. Violetas que respiran esa humilde sensación, ás veces docísima, ás veces ultra. Brancos recentemente saídos das mans da Nai cósmica...

E todo se produce a través dos ollos, sobre todo na concepción da flor, agora totalmente renovada:

Pois os ollos son de índole floral

coma o espírito e a alma

e todo foi creado para o amor

e a beleza

A visión foi exaltada

a un rango hierofánico:

os ollos son de índole solar

así vemos a luz e amamos o creado...

Noraboa, Maruxa

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
13 votos
Comentarios

A pintora Maruxa Olavide, renovadamente abstractiva