Galaxia homenaxea a Franco Grande publicando unha edición facsímile de «Vieiro Choído»

La Voz VIGO / LA VOZ

CULTURA

Oscar Vázquez

Este título inaugurou en 1957 a colección Illa Nova da editorial

13 abr 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

«Esta nova edición prodúceme incomodidade porque xa non vexo este libro como algo meu; é un episodio moi afastado no tempo, xa que 61 son moitos anos na vida dunha persoa», explicou Xosé Luís Franco Grande durante a presentación da edición facsímile de Vieiro Choído.

Este título inaugurou en 1957 a colección Illa Nova da Editorial Galaxia. Aquela colección naceu para darlle espazo aos novos escritores galegos e co obxectivo de enlazar a aqueles novos coa anterior xeración de galeguistas que viviu os momentos anteriores á guerra. «Daquela, Franco Grande era un rapaz novo nun colectivo de históricos galeguistas; era a achega da mocidade á obra do galeguismo, e hoxe en día, que continúa na Fundación Penzol, é o garante de que traballamos no camiño que aqueles deixaron marcado», afirmou Manuel Puga, presidente da Fundación Penzol.

A nova edición tirada pola Editorial Galaxia ten engadido un limiar escrito por Xosé Luís Franco Grande. «Está edición está enmarcada na homenaxe que le imos dar a Franco Grande o vindeiro sábado, durante a entrega da segunda edición do Premio Illa Nova», adiantou Francisco Castro, director de Galaxia. «Este premio foi creado para subliñar a creatividade dos menores de 35 anos, algo que entronca coa idea fundacional da colección Illa Nova hai 61 anos», engadiu.