A Universidade de Vigo edita as cantigas de Martín Codax en 55 linguas

La Voz OURENSE

CULTURA

A publicación está vinculada os actos de promoció do Pergamiño Vindel, que marcha de volta para Nova York

04 mar 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

O Pergamiño Vindel marcha de volta para Nova York o luns, pero coa súa presenza en Galicia, a Universidade de Vigo aproveitou para promover todo tipo de actos de divulgación por todo o país. O penúltimo é un libro que traduce a 55 linguas as sete cantigas de amigo que escribiu Martín Codax no século XIII sobre escenario da ría de Vigo. Este libro converte ao trobador no autor galego traducido a máis idiomas, segundo a Universidade.

A obra foi coordinada polo profesor Xosé Henrique Costas, que observa que se trata dun «volume galegamente universal». Nel participaron 70 persoas, docentes de lingua de varias universidades e tradutores en textos literarios, así como escritores. Quedou fóra o kurdo porque o tradutor foi encarcerado por Turquía e non puido enviar ao seu texto.

Están os principais idiomas, pero tamén outros como o emakhwa (Mozambique), o maorí (Nova Celandia), o zoque-popoluca (México) ou o tamazigh (Magreb).