Belas Artes prepara un informe sobre a situación do patrimonio artístico espallado fóra de Galicia

x. f. REDACCIÓN / LA VOZ

CULTURA

Exposición de Laxeiro en el Museo Nacional de Bellas Artes de Buenos Aires.
Exposición de Laxeiro en el Museo Nacional de Bellas Artes de Buenos Aires. ARTURO LEZCANO GONZALEZ

A entidade expresou está preocupada polo futuro e polo estado de alfaias patrimoniais como a colección artística do Centro Gallego de Buenos Aires

22 ene 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

A Real Academia Galega de Belas Artes traballa a na elaboración dun informe sobre a situación do patrimonio artístico espallado fóra de Galicia, con especial énfase en pezas que foron espoliadas ou saíron de xeito dubidoso, así como aquelas que se poidan atopar en circunstancias de perigo ou deterioro. O presidente da institución, Manuel Quintana Martelo, expresou a preocupación da entidade polo futuro e polo estado de alfaias patrimoniais como a colección artística do Centro Gallego de Buenos Aires, formado por 161 obras, entre pinturas e esculturas, e que conta con pezas asinadas por Castelao, Luís Seoane, Laxeiro ou Colmeiro, entre outros. A entidade da emigración atravesa unha delicada situación económica.

Belas Artes tamén segue con interese a cesión temporal do cadro de Castelao A derradeira lección do mestre, propiedade do Centro Galicia de Buenos Aires, para que se poida ver en Galicia a finais de ano. A Academia non oculta a súa alegría de frutificar unha posible negociación para que o óleo puidese permanecer definitivamente en Galicia. Algunhas destas pezas espoliadas xa se atopan nun proceso xudicial para a súa restitución legal, como son as dúas esculturas do Mestre Mateo que figuran en poder da familia Franco. Quintana Martelo explica que existen outras pezas noutras comunidades, como Cataluña, que saíron de Galicia de xeito irregular. O informe axudará a aclarar estas circunstancias, coñecer a súa situación actual e operar de cara a unha posible devolución.