De «atzcalxochitl» a flor de Santiago, unha viaxe narrada pola autora Ruth Varela


santiago / la voz

¿Por que o nome dunha flor? ¿Por que o nome de Santiago asociado a ela? ¿Por que é un obxecto de culto para as clases europeas? Esas son algunhas das preguntas que se fixo hai dez anos a arquitecta compostelá Ruth Varela e ás que lle deu resposta no libro Flor de Santiago, que onte foi presentado no Paraninfo da Facultade de Historia. O fío argumental do ensaio remóntase ata o século XVI para narrar como a flor sagrada dos aztecas, atzcalxochitl, se acabou convertendo na flor de Santiago tras ser descuberta e rebautizada polos españois. Un xeito tamén de simbolizar a relación entre México e Galicia, entre América e Europa.

 

«A flor de Santiago está rodeada de memoria, de historia, de misterios e de beleza, un suxeito histórico apaixonante (...). A flor de Santiago é un ser vivo, pero sobre todo un ser histórico, un ser poético e un ser simbólico», destacou a autora, que para a obra revisou durante unha década máis de 5.000 fontes bibliográficas. Máis de 40 museos de Europa e América cederon imaxes que se inclúen entre as 150 ilustracións que tamén recolle o traballo.

 

«Un novo símbolo»

A autora Ruth Varela estivo arroupada durante a presentación por representantes de diferentes institucións e tamén por membros do Colexio de Arquitectos de Galicia (COAG), entidade que coedita Flor de Santiago.

«O maior recoñecemento para a autora é porque nos dotou dun novo símbolo. En Compostela xa temos unha flor que simboliza o feito xacobeo», destacou durante a presentación o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, facendo fincapé tamén no parecido que mantén a flor coa cruz da orde de Santiago. Indicou que tratarán de incorporala no Ano Santo 2021.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
3 votos
Comentarios

De «atzcalxochitl» a flor de Santiago, unha viaxe narrada pola autora Ruth Varela