O Galician Film Forum proxecta «18 comidas» en Londres

Redacción LA VOZ

CULTURA

A sesión celebrarase no King's College e contará coas intervencións por videoconferencia do director, Jorge Coira, e a coguionista Araceli Gonda

07 nov 2017 . Actualizado a las 13:33 h.

O venres 10 de novembro o Galician Film Forum organiza a proxección do filme 18 comidas, de Jorge Coira. O pase da película será en versión orixinal con subtítulos en inglés e ao remate intervirán por videoconferencia o director e mais a coguionista Araceli Gonda.

A proxección será ás 19.00 horas no Kings's College de Londres, (Strand Campus, Edmond J. Safra Theatre). A entrada é de balde, pero cómpre reservar na seguinte ligazón

O Galician Film Forum naceu no 2015 co obxectivo de crear un espazo de exhibición de cine galego en Londres.