Paxaros guiadores

Julia Boullosa Álvarez. 13 anos. Cambados. Estudante


As verbas da lectura, eses paxaros que pían nas altas copas das árbores, todo ao teu redor é natureza. Teño un caderno no que imaxino todos os paxaros que escoito, e outro no que escribo unha historia para cada un deles.

31.º día da viaxe. De todos os días que levo camiñando este é o mellor. Semella que estou a dar a volta ao mundo. Hoxe escoitei os paxaros cantar. Non atopei ningún son novo que non coñeza nese revolto de plumas. A brisa que chega entre as árbores fixo que o meu cabelo voase como se se tratase dunha gran nave espacial. E semellaba que as marxas que cubrían a miña cara fosen saltar ata o negro abismo no que por desgraza me atopaba. O tramo de camiño que fixen hoxe foi marabilloso. Se non fose polo meu ben querido can que me acompaña, semellando os meus ollos, xa faría tempo que sería pasto da soidade.

32.º día da viaxe. O camiño devolveume o sorriso poucas horas despois de poñerme a camiñar. Polas verbas dos peregrinos que pasaban ao meu carón souben que estaba preto. Mesmo poría a man no lume, e diría que os altos campanarios da catedral xa se avistaban na lonxanía.

33.º día da viaxe. Hoxe a poucas horas da posta do sol cheguei a Compostela. É verdade que non podía desfrutar das súas abraiantes paisaxes, nin sequera da enorme catedral na praza do Obradoiro. Mais si que podía escoitar aos músicos nas rúas e desfrutar do son da súas notas. A ledicia , a luz e a maxia da felicidade encheron o meu corazón para sempre.

Votación
27 votos
Comentarios

Paxaros guiadores