Bea Lema, primeira muller en gañar o premio Castelao de banda deseñada

O premio distingue como «O corpo de Cristo» mostra «a resiliencia dunha nena fronte aos problemas adultos»


redacción / la voz

Bea Lema (A Coruña, 1985) converteuse onte na primeira muller en gañar o premio Castelao de banda deseñada que convoca a Deputación da Coruña na súas doce edicións. Foi tamén o ano que máis obras se presentaron ao certame, un total de dezaseis. O xurado, formado por Emilio Fonseca, Xosé Tomás, Natacha Busto, Pablo Auladell e Goretti Sanmartín, elixiu como vencedora a obra O corpo de Cristo, de Lema.

O xurado valorou «a intensidade dramática sen caer no sentimentalismo» do orixinal gañador, do que tamén destacou a súa visión para relatar patoloxías mentais dende unha perspectiva infantil. O premio distingue como O corpo de Cristo mostra «a resiliencia dunha nena fronte aos problemas adultos», cunha aposta visual baseada nunha «liña elegante e delicada que transmite atmosferas emocionais moi complexas, apoiándose en metáforas visuais moi intensas e potentes».

Lema formouse como deseñadora de produto e iniciou a súa traxectoria profesional no 2010 en Sargadelos. Con Xoán Torres creou o proxecto Lelédacuca para realizar obxectos que mesturen o deseño contemporáneo e a artesanía tradicional. Entre os seus traballos como autora e ilustradora figuran libros como Pasado ou futuro? ou O diario de Raquel. Na actualidade é socia da cooperativa 7H.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
4 votos
Comentarios

Bea Lema, primeira muller en gañar o premio Castelao de banda deseñada