Moitas grazas pola maxia, por ensinarnos a sabiduría dun músico que se redescubriu na escala da timbila, que nos fixo apreciar que nada é branco, nada é negro, que temos que buscar o latexo primeiro, aquel que nos fai voltar ao Sul. Grazas por botar a voar a voz tribal e verdadeira do noso canto e por enchernos o peito de amor coa arma máis poderosa, a música, que nos une nunha mesma danza enérxica e telúrica que mata os males e invoca a vida para sentila, tocala, bailala. Arethwa! Árdelle o eixo!