Daniel Asorey gaña o premio Repsol fabulando sobre unha república galega e unha Compostela marítima

R. G. A CORUÑA / LA VOZ

CULTURA

Armando Requeixo, portavoz do xurado, salientou a «intensa capacidade de fabilación» do autor e que se trata dunha novela «de pegada feminista»

29 sep 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

¿Que tería pasado si os irmandiños non foran derrotados e fixeran de Galicia unha república con colonias? Pois está contado na novela Nordeste coa que Daniel Asorey Vidal (Compostela, 1970) gañou onte a décima edición do premio de Narrativa Breve Repsol, dotado con 12.000 euros. Armando Requeixo, portavoz do xurado, salientou a «intensa capacidade de fabulación» do autor e que se trata dunha novela «de pegada feminista» que discorre entre o nordeste de Brasil e unha Galicia que posee a Compañía Galega de Indias, cuxos barcos chegan por mar ata Compostela.

Asorey indicou que a obra, que se publicará este ano, está protagonizada por tres mulleres: María Bonita, unha cangaçeira do noroeste de Brasil, «unha bandoleira como Curro Jiménez»; Matilda (homenaxe a Ruth Matilda Anderson), unha fotógrafa que vai ver a María Bonita, e unha vedora do século XVII. «É unha homenaxe á liberdade e á loita do pobo de Brasil, e máis nos tempos actuais, cando acaba de haber alí un golpe de Estado».