Última hora
Sánchez suspende su agenda para reflexionar si renuncia a la Presidencia tras la denuncia contra su esposa

As olladas femininas toman a Mostra teatral de Ribadavia

La Voz REDACCIÓN / LA VOZ

CULTURA

Antonio Cortés

En total, serán vinte as compañías que participen nesta edición, procedentes de Lituania, Francia, Arxentina e Chile, así como de diferentes cidades de Galicia e España

22 jun 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

As olladas femininas serán protagonistas da vindeira Mostra Internacional de Teatro de Ribadavía, que celebrará entre os días 15 e 24 de xullo a súa edición número 32. Esta atención estará presente a través dos traballos de actrices como a arxentina Laura Nevole, a madrileña Eva Rufo, a sevillana Carmen Gallardo ou as galegas Mabel Rivera, Belén Constenla e Patricia de Lorenzo.

En total, serán vinte as compañías que participen nesta edición, procedentes de Lituania, Francia, Arxentina e Chile, así como de diferentes cidades de Galicia e España. A programación xira arredor de varios eixos temáticos, como a memoria, a violencia, a palabra e a arte. Un dos espectáculos destacados será a representación de A gaivota, de Chejov, a cargo de Oskaras Kor?unovas, director do Teatro Municipal de Vilna, en Lituania. Tamén se poderá ver o traballo dos chilenos TeatroCinema, que mesturan cómic, vídeo e teatro: presentarán a súa montaxe Historia de amor, dirixida por Juan Carlos Zagal. Ademais, a Mostra concede un especial protagonismo á compañía galega Matarile, que celebra o seu vinte aniversario e que exhibirá en Ribadavia El cuello de la jirafa, Teatro invisible e Antes de la metralla.