Los ultras del Frente Bokeron, del Málaga, propician altercados en Riazor
Trátase dun traballo para a materia de Lingua Galega. Alberto Suárez ten 14 anos e estuda primeiro de bacharelato
21 may 2016 . Actualizado a las 23:39 h.Alberto Suárez ten 14 anos e estuda primeiro de bacharelato no instituto David Buján de Cambre, na provincia da Coruña. El é o autor dunha nova aplicación de teléfono móbil que xa se pode conseguir de forma gratuíta na tenda Playstore e coa que se rende homenaxe ao escritor Manuel María. O rapaz explica que a app, compatible con móbiles Android, é un traballo que fixo para a materia de Lingua Galega con motivo do Día das Letras. «Estou moi satisfeito. Agora o que fai falta é difundila», explica.
Aclara que, en realidade, esta aplicación é un traballo colaborativo entre profesorado e alumnado de Lingua Galega e Debuxo e que a idea xurdiu doutra app que xa fixera para salientar a figura e obra de Rosalía de Castro. O mozo programador recoñece que a dedicada a Manuel María é moito máis avanzada. De feito, nela se poden descargar dez poemas do escritor, recitados por el mesmo e ligados a outros tantos debuxos. Ao mesmo tempo, o usuario da app poden poñer a súa voz aos poemas para despois solapalos cos do poeta. O equipo traballou un mes no proxecto, «pero aínda quedan moitas actualizacións por facer». Polo momento, a aplicación xa está sendo utilizada por organismos oficiais e xa se fixeron, ata o momento, 100 descargas gratuítas e obtivo «27 valoracións de cinco estrelas». A profesora de Galego, Pilar Tobar, anuncia que haberá actividades no centro relacionadas con esta app.