O periplo vital de Manuel María

O libro que La Voz ofrece aos seus lectores este martes percorre os chanzos biográficos do escritor homenaxeado co Día das Letras Galegas


Redacción / La Voz

Un dos obxectivos que ten o Día das Letras Galegas, ademais de celebrar a lingua propia de Galicia e a súa literatura, é contribuír a un mellor coñecemento da obra da persoa a quen se lle dedique o 17 de maio. La Voz de Galicia súmase a este propósito cun libro sobre a figura que centra as celebracións de cada ano. Neste 2016, o vindeiro martes ofrece aos seus lectores, por 1,95 euros mais o prezo habitual do xornal, o volume Manuel María. Palabra viva de amor e afirmación, unha antoloxía da obra poética do autor chairego, cunha pequena peza teatral, e que ademais presenta os seus principais chanzos biográficos.

<span lang= gl >Escolma.</span> «Manuel María. Palabra viva de amor e afirmación» pode adquirirse o vindeiro martes con La Voz por 1,95 euros mais o prezo do xornal.
Escolma. «Manuel María. Palabra viva de amor e afirmación» pode adquirirse o vindeiro martes con La Voz por 1,95 euros mais o prezo do xornal.

A especialista Mercedes Queixas Zas, ao cargo da edición, non só escolmou cincuenta e cinco poemas senlleiros na moi ampla traxectoria literaria de Manuel María, senón que condensou nunha introdución o periplo vital do poeta. Dende o seu nacemento en Outeiro de Rei en 1929 ao seu falecemento na Coruña no 2004, segue as súas pegadas biográficas. Aí están a Casa de Hortas, en Outeiro de Rei, onde o xornaleiro Manuel de Paderna escoitaba recitar versos ao mozo Manuel, a quen premiaba con medio cigarro ou un enteiro en función da calidade das rimas. A morte do pai, os círculos literarios e o namoramento e casamento con Saleta Goi foron fitos que conformaron, en diferentes épocas, a súa vida, como tamén a súa posición política, que o levou a participar en actos reivindicativos e saír concelleiro en Monforte nas primeiras eleccións democráticas de 1979. A súa incesante vocación pola escrita e o seu compromiso firme con Galicia, a cultura e a educación, son trazos importantes que marcaron a súa vida.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
5 votos
Comentarios

O periplo vital de Manuel María