Catro corais galegas actuarán no centenario das Irmandades de Fala

a Coruña / La Voz

CULTURA

14 may 2016 . Actualizado a las 11:30 h.

As Irmandades da Fala son «afilladas» da Real Academia Galega, dicía onte Henrique Monteagudo, secretario da RAG, na presentación do primeiro acto do centenario da fundación das Irmandades. Será o día 18, ás 20.30 horas, no teatro Rosalía da Coruña. O concelleiro de cultura, José Manuel Sande, lembrou que a primeira xuntanza das Irmandades tivo lugar na entonces sede da RAG. Monteagudo lembrou a frase de Antón Villar Ponte: «Interésanos máis un coro galego que un deputado en Cortes por Galicia». Por iso, na celebración actuarán Cántigas da Terra, que cumpre tamén cen anos, Toxos e Froles, a Coral Ruada de Ourense e Cantigas e Agarimos, coa escritora Estíbaliz Espinosa de mantedora. Na parte literaria intervirán Fina Casalderrey e Manuel Rivas, a xornalista Cristina Lombao, a profesora Carmen García-Rodeja, a estudante Orleni Mateo, a actriz Isabel Risco, Manuel Lugrís, neto de Lugrís Freire, un dos fundadores das Irmandade, e Pedro Fernández Roque, presidente da asociación de veciños da Cidade Vella. A entrada é libre.