Nani García publica a súa opereta sobre «A Berenguela» de Manuel María

O cedé trae unha versión en «playback» para que se poida usar a música en representacións


Redacción / La Voz

A finais da década dos setenta, Manuel María escribiu A Berenguela, unha peza breve para un grupo teatral que dirixía un amigo seu, protagonizada por unha espiña de toxo. Moitos anos despois, no 2009, o músico Nani García (A Coruña, 1955) compuxo unha opereta arredor desta obra, que agora publica Galaxia nun libro disco, con música do Cuarteto Xerión, a narración de María Inés Cuadrado, limiar de Francisco X. Fernández Naval e ilustracións de Miguelanxo Prado. Preséntase hoxe en Santiago (Cronopios, 19.30 horas) e mañá na Coruña (Moito Conto, 19.30 horas).

A Berenguela ratifica por que Manuel María é un dos escritores máis musicados. «Ten unha estrutura que dá esa opción», confirma Nani García, quen quería que a partitura funcionase como unha peza máis na ensamblaxe da obra, igual que o vestiario ou o atrezo. O compositor tiña claro que a propia obra se prestaba a un conxunto de formato pequeno, e atopou a súa canle ideal nun cuarteto de clarinetes. «En Galicia temos unha relación moi próxima, de sempre, co vento, porque aquí houbo grandes músicos de vento», explica García. A súa expresividade permitíalle acadar outro obxectivo: «Non queríamos unha música ñoña, senón dar un paso máis alá. Ás veces pensamos que os non poden estar expostos a outra música da que nós pensamos que é axeitada para eles, e non é así». Foi clave o cuarteto, de quen o compositor gaba a súa falta de prexuízos, o que ampliou as posibilidades sonoras.

O cedé trae unha versión en playback para que se poida usar a música en representacións de A Berenguela.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
1 votos
Comentarios

Nani García publica a súa opereta sobre «A Berenguela» de Manuel María