-Vostede tocou todos os paus. ¿Queda con algún?
-Levo escribindo infantil e xuvenil desde os 14 anos. É unha modalidade narrativa na que me sinto especialmente cómoda. É un público moi crítico pero moi agradecido. A primeira novela que me publicaron, en 1999, escribina cando estaba estudando en secundaria e seguín apostando sempre por ela. Temos a necesidade de etiquetar pero eu considérome escritora no sentido máis xeral do termo. De feito a miña última obra é un libro de relatos para adultos sobre a Segunda Guerra Mundial. As etiquetas ás veces son mesmo unha cuestión editorial. E non sempre nos benefician.
-«Escarlatina, a cociñeira defunta», ¿ten versión noutros idiomas?
-Vai saír en castelán e catalán na primavera. E dáse a casualidade de que acabo de entregar en Edicións Xerais a precuela, que se chamará Esnovaldina, a pequena defunta e vai saír o ano que ven. Isto estaba pactado xa antes do premio, claro, pero vén estupendo.