A lectura desta edición permite ler a Manuel Antonio do seu puño e letra, e coñecer mellor unha obra que se caracteriza pola «audacia, constancia e teimosía». Para Axeitos, nisto foron decisiva as reaccións negativas que suscitou o manifesto Máis Alá, de Manuel Antonio e Álvaro Cebreiro. «Fronte os que dicían que non tiña obra, púxose o reto de demostrarse, de ser capaz, a través dun traballo constante e sistemático».
Un celo e un rigor que lle causou non poucas preocupacións. Como apunta Axeitos, cando El Pueblo Gallego reproduce un poema seu, non só sen autorización, senón sen respectar a ortografía e disposición tipográfica, Manuel Antonio escríbelle a Paz Andrade para que o defenda nos tribunais.