Feijoo resalta a traxectoria dos premios da Cultura

Salientou o desexo dos galardóns «de que Galicia estea no mundo»

Acto de entrega dos premios, celebrado onte nunha das estancias do Gaiás.
Acto de entrega dos premios, celebrado onte nunha das estancias do Gaiás.
La Voz

A traxectoria dos premiados, e o seu «desexo de que Galicia estea no mundo», foron resaltados onte polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, na entrega dos Premios da Cultura. Destacou a experiencia de Neira Vilas na literatura e da Galería Trinta en arte; a actividade de Cándido Pazó na escena galega desde 1975; o traballo do Grupo Marcelo Macías desde 1941; os 25 anos do Centro Pen Galicia; a organización do Festival de Ortigueira desde 1978; o labor da Asociación de Produtoras Independentes; e a difusión da cultura galega por David Mackenzie, quen desde 1994 é o primeiro catedrático de Estudos Galegos no mundo anglófono.

Neira Vilas dixo en nome dos premiados que Galicia merece que sigan traballando. Tamén se solicitou apoio público para o sector, e preservar o seu carácter propio.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos

Feijoo resalta a traxectoria dos premios da Cultura