A biografía de Luz Pozo Garza «Á procura da poesía» inclúe varios inéditos

redacción / la voz

CULTURA

20 nov 2014 . Actualizado a las 05:00 h.

Os investigadores Aurora López e Andrés Pociña dedicaron máis de dez anos ao estudo da vida e da obra de Luz Pozo Garza. O resultado do seu traballo é a biografía Á procura da poesía (Alvarellos), que se presenta hoxe (Portas Ártabras, 20 horas) na Coruña. Trátase dunha obra que manexa unha gran cantidade de datos para contextualizar a escrita de Luz Pozo, e que ademais conta co atractivo de moitos textos absolutamente inéditos ou descoñecidos. Tamén achega moitas opinións da propia escritora sobre a súa obra, ademais dunha selección de fotografías e ilustracións.