Tecía palabras

Ramón Nicolás

CULTURA

28 oct 2014 . Actualizado a las 05:00 h.

Disque Penélope tecía e destecía. Begoña Caamaño, nun momento dado, decidiu asumir un reto: tecer palabras para construír un marabilloso tapiz, rabenado dolorosamente onte, que escintila en Circe ou o pracer do azul e mais en Morgana en Esmelle. Neles transparéntase a autora: a súa alegría, a súa vontade de transgredir os mitos e peneiralos cun cribo feminista; neles repousa aquilo no que acreditaba, o que amaba e detestaba; nesas palabras que teceu como unha nova Penélope latexa a súa bondade e o seu sorriso tan inesquecible. Con elas gañou un espazo único e perdurable para a literatura, para nós.