Galaxia abre en Bruxelas unha xanela galega ao mundo globalizado

O proxecto editorial, que tenta dar a coñecer no mundo a historia literaria galega, arrancará con títulos de autores da sona de Cunqueiro ou Blanco Amor

la voz

A Editorial Galaxia ven hoxe de presentar en Bruxelas un estudado proxecto da Cultura Galega. O traballo tenta dar a coñecer no mundo a historia literaria galega tanto en castelán como en portugués e, nun futuro, tamén en alemán. Víctor F. Freixanes, de Galaxia, considera que na sociedade da globalización é importante abrir unha xanela cultural para que Galicia sexa visible.

O proxecto editorial arrancará con títulos de autores da sona de Álvaro Cunqueiro ou Blanco Amor. O editor e escritor Freixanes cre que é o momento de lanzar as bibliotecas galegas cara ao exterior a través das plataformas dixitais. Galaxia ven de argallar este proxecto desde hai anos, co fin de achegar a cultura galega a calquera recuncho do mapa.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
2 votos

Galaxia abre en Bruxelas unha xanela galega ao mundo globalizado