«Custodio ou a fe do carboeiro»

X. F. REDACCIÓN / LA VOZ

CULTURA

26 ago 2014 . Actualizado a las 07:00 h.

O coñecido cantante, compositor, actor e director Antón de Santiago (A Coruña, 1944) ten ás súas costas numerosos textos teatrais e divulgativos. Agora estréase na novela con Custodio ou a fe do carboeiro, que recrea dende un punto de vista humorístico o célebre roubo do Códice Calixtino. O narrador é un xornalista que dá a noticia e que coñece ben a un mozo Custodio, que traballa como acólito na catedral compostelá. O rapaz fai honor á segunda parte do título da novela, xa que a súa fe é cega, comparable en fervor só cos seus profundos coñecementos da liturxia catedralicia. Anticipándose a un hipotético roubo do valioso libro, intenta protexelo, mais sen éxito. A experiencia lévao a obsesionarse coa protección doutros tesouros relixiosos relevantes de Galicia.