O engado do Camiño de Santiago

La Voz

CULTURA

Álvaro Ballesteros

11 ago 2014 . Actualizado a las 07:00 h.

Unha das principais áreas con maior atractivo para os investigadores é o Camiño de Santiago, «unha fonte de proxección internacional de primeiro nivel», segundo Gabriel Rei-Doval. «En Galicia aínda non se é completamente consciente da súa importancia». O fenómeno xacobeo posúe un atractivo de seu que apela tanto á comunidade académica como ao norteamericano medio, como proba o éxito que tivo o filme The Way, dirixido por Emilio Estévez e protagonizado polo seu pai, Martin Sheen. «O seu éxito non é algo que nace no baleiro», argumenta Rei-Doval: «Hai un caldo de cultivo previo, de xente que fai o Camiño, que descubre Galicia e a súa lingua, que é o que lle outorga a súa relevancia como comunidade».