«Salón Teatro. Corazón do espectáculo»

H. J. P. Redacción / La Voz< / span>

CULTURA

Un percorrido pola historia da sala de cine máis antiga da comunidade en servizo

25 abr 2014 . Actualizado a las 19:01 h.

O profesor da Universidade de Santiago Jesús A. Sánchez García, que ten investigado moito na historia das arquitecturas do espectáculo en Galicia, publica un traballo sobre o Salón Teatro compostelán, sala de cine máis antiga da comunidade das que seguen en servizo. Sánchez fai un completo percorrido pola súa historia, dende que Acción Católica baleira e reforma o caserón en 1920 para acoller as actividades deste colectivo vinculado á Igrexa -e que enseguida viu na sétima arte a maneira de sacarlle partido- ate a súa actual función como sé do Centro Dramático Galego. A instalación vivirá momentos de esplendor -con estreas de grandes filmes- e tamén de patética agonía ata que un incendio en 1994 pon fin á súa andaina. Dende 1999 a Xunta devolveulle a dignidade ao converter o caserón no lugar de traballo da compañía de teatro pública autonómica.

Jesús A. Sánchez García

Alvarellos Editora/Consorcio de Santiago

205 páxinas

18 euros