Crean un encontro internacional para dinamizar a lingua galega

Patricia Calveiro Iglesias
P. Calveiro SANTIAGO / LA VOZ

CULTURA

O foro «Galician Language» virá acompañado de actividades paralelas de dinamización<span lang= es-es >. </span>
O foro «Galician Language» virá acompañado de actividades paralelas de dinamización. P. RODRÍGUEZ< / span>

Terá lugar en setembro en Santiago e no 2015 en Edimburgo

26 mar 2014 . Actualizado a las 07:00 h.

Un conclave de expertos galegos e internacionais daranse cita en setembro no marco dun encontro que ten como fin dinamizar a lingua propia. O foro Galician Language congregará en Compostela esta xuntanza de carácter investigador, que xorde ao abeiro dun convenio entre a Consellería de Cultura e o Consello da Cultura Galega (CCG), o quinto que asinan en materia de normalización lingüística.

Con esta iniciativa preténdese dar a coñecer o galego en círculos académicos e de prestixio internacional, abordando temas como a situación sociolingüística ou as perspectivas de futuro do idioma. Os responsables de Cultura e do CCG, Xesús Vázquez Abad e Ramón Villares, anunciaron onte que se dará continuidade a este conclave a prol do galego que o vindeiro ano terá por sé Edimburgo.

O convenio de colaboración manexa un orzamento de 30.000 euros e contempla ademais outras actividades paralelas. Os contidos que resulten do citado encontro servirán de semente para a elaboración dun volume monográfico sobre o galego nunha revista científica de prestixio internacional.

Medio século normalizando

Outro dos proxectos ten que ver coa creación da web 50 anos de normalización lingüística, na que se difundirá un traballo audiovisual homónimo elaborado polo CCG o pasado ano coa colaboración da Xunta no que se recollen os testemuños de diferentes intelectuais e protagonistas dos avances levados a cabo no proceso de normalización do galego dende os anos sesenta.