Doble premio dos editores para a obra e a traxectoria de Berta Dávila

R.G. A CORUÑA / LA VOZ

CULTURA

Mellor obra de ficción por «O derradeiro libro de Enma Olsen» (Galaxia) e o recoñecemento «a traxectoria creativa dun autor ou autora durante o ano 2013»

23 mar 2014 . Actualizado a las 07:00 h.

Mellor obra de ficción por O derradeiro libro de Enma Olsen (Galaxia) e o recoñecemento «a traxectoria creativa dun autor ou autora durante o ano 2013». Estes son os dous premios que a Asociación Galega de Editores concedeu a Berta Dávila (Santiago, 1987). Foi dentro do encontro anual para entregar os premios Ánxel Casal e que tivo lugar en Betanzos.

Cantares gallegos hoxe. Unha lectura actualizada de Rosalía de Castro (Alvarellos Editora), de Pilar García Negro, foi escollido como mellor libro de non ficción. A librería Couceiro da Coruña foi recoñecidda pola labor de difusión editorial e cultural e a mellor iniciativa editorial foi para Tastarabás. Enciclopedia de Brinquedos (Xerais), de Antón Cortizas. Outros premiados foron Xesús Rábade (teatro), Dani Padrón (ilustración), Miro Villar e Xosé Cobas (infantil), os traductores do Ulises (Galaxia) de Joice e Manuel Gago por Vento e chuvia (Xerais), como mellor libro educativo.