«Agradecido á vida» e amante da súa terra


Xosé María Díaz Castro, que comparte con outros autores chairegos como Aquilino Iglesia Alvariño ou Xosé Crecente Vega o seu paso polo Seminario de Mondoñedo e o seu coñecemento do mundo clásico, non é só un poeta no que se pode intuír unha ampla cultura. Alfonso Blanco, que foi amigo seu e que coñece ben a súa obra, salienta que en Díaz hai tamén unha ampla base persoal e xeográfica.

«O fondo da poesía é a experiencia da nenez», di Blanco, que subliña ademais que o poeta non rexeitaba o contacto co mundo máis próximo. «Gustáballe perderse nas feiras, nas romaxes...», afirma. Non era raro velo polo verán no festival de Pardiñas.

Por outra banda, en Díaz Castro, se cadra, non hai tantas alusións explícitas á comarca da Terra Chá como se poden atopar en autores como Manuel María; pero de todos os xeitos o monte, as árbores e os ríos constitúen un fondo que, opina Blanco, «é a súa vida e a súa poesía».

Nese fondo cómpre ver ademais un pouso de ledicia, pois o coordinador de Xermolos refírese ao poeta como un home «agradecido á vida». Nese agradecemento hai tamén un lugar moi destacado para a comarca na que naceu e pasou a nenez, a mocidade e os derradeiros anos da súa vida. Así, Blanco comenta que o autor sempre tivo clara a súa decisión de falar o galego da zona, que el ademais incorporou á súa obra, sen esquecer que coa súa poesía tentou devolver ao pobo «o que o pobo lle deu a el».

«Tanto viviu a súa comarca, a Terra Chá, que sempre quixo falar o galego que aprendeu aquí»

Alfonso Blanco

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos

«Agradecido á vida» e amante da súa terra