O Premio Nacional de Poesía distingue ao galego Manuel Álvarez Torneiro

O autor define «Os ángulos da brasa» como «un libro da memoria»


Redacción

Os ángulos da brasa xa recibira o Premio da Crítica e fora elixido o mellor poemario do 2012. Dende hoxe tamén suma para o seu autor, Manuel Álvarez Torneiro, o Premio Nacional de Poesía, un galardón concedido polo Ministerio de Cultura e dotado con 20.000 euros. A obra, publicada na colección Tambo, agora ao abeiro do selo Faktoría K, é definida polo seu autor «como un libro da memoria». «Penso que este libro non é un produto estándar, nin frívolo, nin lúdico nin simplista, que incide nunha realidade que é tan persoal como plural», declarou en maio nunha entrevista co suplemento Culturas de La Voz. Na súa publicación, a crítica saudou Os ángulos da brasa como unha achega relevante na traxectoria como poeta de Álvarez Torneiro, na que destacan títulos como Setembro Stradivarius ou Epicentro, e que mereceu premios como o Esquío ou o González Garcés.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
21 votos

O Premio Nacional de Poesía distingue ao galego Manuel Álvarez Torneiro