O lobishome de Risco volve á vida coa reedición do seu discurso de ingreso

Rodri García A CORUÑA / LA VOZ

CULTURA

02 oct 2013 . Actualizado a las 07:00 h.

«Foi proposto por Murguía, Eladio Rodríguez e Lugrís e respondeulle Ramón Cabanillas; ¡case nada!». Isto dicía onte na Real Academia Galega Arturo Lezcano, vicepresidente da Fundación Vicente Risco, lembrando o ingreso do escritor na institución en 1929. A intervención tiña lugar na presentación da reedición do discurso de ingreso, Un caso de lycantropía (O home-lobo), publicado pola Fundación Risco. O presidente da RAG, Alonso Montero, dixo que é «un discurso extraordinario que se lee como unha novela».

O presidente da Fundación, Luís Martínez-Risco, lembrou que o pasado 30 de abril cumpríronse 50 anos do pasamento de Vicente Risco e salientou a importancia de ler a súa obra completa. «O católico Don Vicente pasou un purgatorio, ou case un inferno, de esquecemento», dixo antes de rematar coa definición do autor de O porco de pé que escoitara «a unha desas persoas que se di do común» e que dicía: «Tan entendido el e tan pouco entendido».

Un dos anexos do libro é o texto do fiscal Antonio Roma Valdés titulado O xuízo a Manuel Blanco Romasanta.