A música sairá do pavillón principal e terá carpa propia

La Voz

CULTURA

09 sep 2013 . Actualizado a las 07:00 h.

O cambio de espazos será outra das novidades do Culturgal. O cambio principal será que as actividades musicais terán carpa propia no exterior do Pazo de Exposicións de Pontevedra.

A feira contará cunha carpa para a música conectada directamente co espazo expositivo, pero fóra del. Estará situada no aparcamento máis próximo ao pazo, illada do chan por un piso e dotada de calefacción.

Segundo Xosé Aldea, este cambio obedece fundamental a evitar a «contaminación acústica pola coincidencia de varias actividades ao mesmo tempo; coa carpa para as actuacións musicais, unhas actividades e outras non se invadirán».

Un cambio con respecto aos outros anos será que o espazo dedicados aos cativos estará situado no final da feira, en lugar de estar colocado no inicio.

O director de Culturgal asegura que a feira está tendo moi boa acollida entre os distintos sectores do mundo cultural galego e que para esta edición haberá unha maior implicación na organización da feira por parte da entidade promotora, a Asociación Culturgal e dos gremios culturais.