-No caso do texto para adultos «Unha corrente salvaxe», ¿que vida escénica espera que teña?
-Seguramente é o texto meu m<áis asequible. Creo que ofrece moitas posibilidades para ser montado e que ten atractivos para os directores. Ten unha trama con moitas sorpresas, con misterio. E creo que os personaxes da obra poden ser atractivos. Incluso diría que é teatro comercial de calidade, escrito para todo tipo de público. Pensando tamén no traballo dos actores.
-¿Publicar teatro segue sendo a única alternativa a representar?
-Facelos públicos quere dicir que poden ser lidos e coñecidos polas compañías. Por outra parte, creo que tamén é importante lembrar que o teatro tamén se pode ler, que tamén é texto. Creo que hai que animar á xente a que lea teatro como calquera outro xénero.