Xesús Fraga gaña con «Reo» o premio Raíña Lupa

O premio da Deputación da Coruña destinado a literatura infantil e xuvenil escolleu a obra do escritor e xornalista Xesús Fraga, Reo, como a mellor das 34 obras presentadas.


Santiago de Compostela

A identidade dun rapaz adolescente que manifesta as súas inquedanzas a través da cultura urbana é un dos argumentos da novela gañadora do premio Raíña Lupa de literatura infantil e xuvenil. Reo é o título da novela gañadora, de Xesús Fraga, na que o xurado tamén salientou as reflexións que ofrece a novela sobre a realidade dos mozos dos nosos días. Para o xurado tamén hai que destacar a linguaxe directa utilizada.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
2 votos

Xesús Fraga gaña con «Reo» o premio Raíña Lupa