A creatividade cultural como unha gran canle de alcance universal

La Voz

CULTURA

12 jul 2013 . Actualizado a las 11:47 h.

A idea da creatividade fronte a crise pairou onte sobre a cea literaria na que se entregou o premio. Ramón Pernas, director de Ámbito Cultural definiu a lectura, a asistencia ao cine ou a concertos, o consumo cultural, en definitiva, como actos de «resistencia cultural, cívica e política». Tamén destacou as 13 edicións do galardón, exemplo de colaboración con La Voz, un labor colectivo para espallarse a un grande público. Unha idea, a da comunicación, que recolleu o conselleiro de Cultura, Xesús Vázquez, quen subliñou que dende Galicia e o galego se pode crear con alcance universal e lembrou a Otero Pedrayo ao cualificar a cultura de «motriz e inspiradora». O director de La Voz, Xosé Luís Vilela, avogou por comunicar con beleza, intensidade e orixinalidade para conmover, guías no traballo de escritores e xornalistas.