Guitiriz pide as Letras Galegas para Díaz Castro e ultima o seu centenario

R. G. a Coruña / La Voz< / span>

CULTURA

A asociación cultural Xermolos e o IES Poeta Díaz Castro da vila lucense presentaban onte na RAG os actos para celebrar, o ano que vén, o centenario do nacemento do poeta

11 jun 2013 . Actualizado a las 12:18 h.

«Guitiriz invadiu hoxe A Coruña», ironizaba unha rapaza na sede da Real Academia Galega. A asociación cultural Xermolos e o IES Poeta Díaz Castro da vila lucense presentaban onte na RAG os actos para celebrar, o ano que vén, o centenario do nacemento do poeta Xosé María Díaz Castro.

Alfonso Blanco, coordinador de Xermolos, apuntou que o de onte xa era o primeiro dos actos, coa presentación do vídeo A lus do mundo realizado polos alumnos do instituto e do documental O instante eterno, de Xosé Antón Cascudo, que se estrenará en 2014.

Torrado calificou a Díaz Castro como «a voz máis intensa daquelas terras» e asegurou que, despois de ver o traballado feito polos alumnos do instituto, estaba claro que «a poesía sigue tendo moitísimo futuro».

Foi a directora do instituto, Olga Aguiar, a que despois de salientar o traballo dos escolares, «que rapearon os textos de Díaz Castro», deu lectura a un texto no que os docentes do centro pedían «que esta Academia propoña a Díaz Castro para o Día das Letras Galegas do 2014».

O presidente da RAG, Alonso Montero, apuntou que «parece o máis axeitado» que fora Díaz Castro ao cumplirse o centenario pero «non é Guitiriz quen decide o protagonista do Día das Letras Galegas, serán os académicos que votarán o día 21».

De tódolos xeitos, Alonso Montero precisou que o de onte era «un acto que está ao servicio de Díaz Castro, si logo ven o Día das Letras Galegas pois mel nas filloas». Explicau que cando lle preguntan quen vai ser o protagonista do Día das Letras «sempre digo que eu so teño un voto». Tivo palabras de loubanza para a figura de Díaz Castro do que dixo que era necesario difundir os seus versos.