Xesús Alonso Montero, elixido novo presidente da Real Academia Galega

Luis Pousa / Camilo Franco A CORUÑA

CULTURA

É o dirixente da corporación número doce desde os tempos de Manuel Murguía

20 abr 2013 . Actualizado a las 18:43 h.

Xesús Alonso Montero (Vigo, 1928) foi elixido hoxe novo presidente da Real Academia Galega tras unha disputada votación que, finalmente, se resolveu con doce votos a favor da candidatura do novo presidente e dez a favor da encabezada por Manuel González. Despois da dimisión do anterior presidente, Xosé Luís Méndez Ferrín, unha RAG fracturada en dous bloques puxo fin con esta votación aos tres meses máis convulsos da centenaria historia da corporación. Xesús Alonso Montero convértese e así no presidente número doce desde os tempos da Manuel Murguía.

Dúas votacións e dúas horas foron necesarias para que Xesús Alonso Montero saíse elexido novo presidente da Real Academia Galega. A primeira votación tras o turno de intervención de ambos candidatos acabou con doce votos a favor de cada unha das días listas e unha abstención. Na segunda das votacións, a candidatura do xa novo presidente recibiu doce votos mentres que a encabezada por Manuel González recibiu dez votos, rexistrándose unha abstención.

Alonso Montero sinalou, na comparencencia posterior á súa elección, que «na biografía da Academia esta era unha situación anómala» tanto pola dimisión do presidente como pola presentación de dúas listas para escoller a un novo presidente. Montero apunto que é necesario «promover un clima de concordia» e deu por seguro que todos os académicos, dunha e outra lista, colaborarán para conseguir unha institución mellor. Montero sinalou que ser académico é «un voluntariado» no que ao final de ano «todos acabamos poñendo cartos dos nosos petos». Recordou na súa primeira intervención como presidente que a RAG é a «institución máis comprometida coa causa da lingua».

Pola súa banda, Manuel González felicitou ao novo presidente, recoñece que a votación fora mi igualada e que a súa candidatura estaba ao servizo da academia coma sempre.

Momentos antes de comenzar as votacións, Manuel Rivas sinalou que era necesario non explicar este proceso electoral en termos duns contra outros. Pediu paz e sinalou que o único partido neste caso é a Academia.