Ledo e Monteagudo completan a lista de Alonso

La Voz

CULTURA

19 abr 2013 . Actualizado a las 07:00 h.

proposta de executiva de xesús alonso montero

Secretario

Filólogo, (Muros, 1959). Ingresou na Real Academia Galega no 2012.

Vicesecretario

Teólogo, (Ribeira, 1940) ingresou na RAG en 1980. Ensaísta e filósofo. Premio Trasalba.

Tesoureira

Filóloga, (Pontevedra, 1952). Ingresou no 2003 na Academia. Foi directora do ILG.

Arquiveira

Xornalista. (Castro de Rei, 1951). Ingresou no 2009. Escritora e directora de cine.

Filólogo. (Cambados, 1952). Ingresou na RAG en 1999. Foi vicesecretario na executiva de Ferrín.

Filólogo. (Vilalba, 1958). Ingresou no 2012. Especialista en fonética e fonoloxía e tamén en sociolingüística.

a lista de manuel González

Xesús Alonso Montero deu a coñecer onte a executiva que asumirá a dirección da Real Academia Galega se a súa candidatura sae elixida mañá sábado, lista da que xa se coñecían os nomes de Andrés Torres Queiruga e Rosario Álvarez Blanco e que se completa agora coa incorporación de Margarita Ledo e Henrique Monteagudo. A proposta de executiva queda así formada por Xesús Alonso Montero (presidente), Henrique Monteagudo (secretario), Andrés Torres Queiruga (vicesecretario), Rosario Álvarez Blanco (tesoureira) e Margarita Ledo Andión (bibliotecaria-arquiveira). Pola súa banda, o candidato que encabeza a outra lista, Manuel González, sinalou que ten nomes decididos para as dúas persoas que acompañarán a Francisco Fernández Rei e Xosé Luís Regueira, pero reiterou que non se darán a coñecer ata mañá sábado, no plenario no que se elixirá un novo presidente da RAG.

«Eu comprometinme a manter ata o último momento dous postos baleiros para facilitar un acordo coa outra candidatura e aínda que ese acordo xa non é posible quero manter a miña palabra», explicou González.