O CDG estrea unha das pezas centrais de Vidal Bolaño

Camilo Franco SANTIAGO / LA VOZ

CULTURA

«Días sen gloria» abre as actividades escénicas do Día Letras Galegas

04 abr 2013 . Actualizado a las 07:00 h.

Hai vinte anos que Roberto Vidal Bolaño estreaba Días sen gloria coa súa compañía, Teatro do Aquí. Naquela altura, o autor e director tamén asumía o papel protagonista que, na versión que mañá estrea o CDG, desenvolverá Manuel Manquiña. Segundo explicou Manuel Guede, director do Centro, a motivación para contar con Fefa Noia na dirección escénica era encontrar a alguén que non estivera influenciado «pola sombra do mestre».

Fefa Noia apuntou que na primeira lectura Días sen gloria pareceulle unha «obra difícil», pero cando se puxo co traballo de poñela en pé decatouse de que era un texto «moi xeneroso, que abría moitas portas e moitas posibilidades».

A montaxe arranca mañá as súas representacións no Salón Teatro, en Compostela, e prolongaranse ata finais de abril. Despois iniciará unha xira ata o mes de xuño polos principais escenarios de Galicia.