Alonso Montero, disposto a falar de todo «menos da presidencia»

Camilo Franco REDACCIÓN / LA VOZ

CULTURA

Cesar Quian

A súa candidatura para a Academia deixa postos abertos para negociar

02 abr 2013 . Actualizado a las 12:25 h.

Xesús Alonso Montero rexistrou onte a súa candidatura para a presidencia da Real Academia Galega e mais as firmas que avalan a súa lista. A candidatura estará formada polo profesor xunto con Rosario Álvarez e Andrés Torres Queiruga. Os outros dous nomes para completar a lista da xunta directiva están sen decidir «para ofrecer a posibilidade de conseguir un consenso que se non pode ser total, pode ser aínda parcial».

A intención do profesor de 84 anos foi «poñer en marcha unha candidatura única, pero antes de que os académicos chegásemos a un acordo Manuel González presentou a súa e xa non houbo posibilidade de facer outra cousa que presentar a nosa». Alonso Montero explicou que a súa intención é chegar a un acordo e por iso «deixou dous nomes na candidatura para que se integren e chegar cando menos a un consenso parcial». O profesor explicou que tamén quedaba sen decidir que cometidos asumirían os integrantes da futura directiva «para favorecer o acordo». O candidato asegurou no acto informativo que se podía «falar de todo menos da presidencia» e explicou que aínda que poida «parecer arrogante, unha vez que me metín nisto, que houbo xente á que admiro e que respecto que mo pediu, creo que debo optar con todas as consecuencias».

Entre as firmas de académicos presentadas como aval para esta lista figuran, segundo explicou Montero, ademais dos integrantes das candidaturas, Xesús Ferro Ruibal, Margarita Ledo e Henrique Monteagudo, que asistiron á presentación da candidatura, e tamén Francisco Díaz Fierros.

O profesor sinalou que a vocación como presidente é alcanzar a altura dos «momentos brillantes» que ten vivido a RAG con «Fernández del Riego, con Barreiro Fernández e con Méndez Ferrín». Definiu a súa candidatura como aberta e asegurou que nos últimos «doce días aprendera máis sobre a Academia que nos 84 anos anteriores», pero explicou que era necesario contarlle á «xente do común que na Academia non se está por cartos porque só se cobran dietas e nin eu nin Manuel González aspiramos á presidencia da institución por conseguir un complemento económico».

Bailarina, ilusionista y acróbata, Aurélia Thierrée fascina a públicos de todo el mundo desde hace años con su Oratorio, creado a medias con su madre, Victoria Chaplin. La segunda incursión de ambas en su onírica y surrealista forma de entender el teatro es Murmurs, que se estrena ahora en Madrid. La obra nace de la pregunta de si las paredes tienen memoria, de si guardan «todas las voces que han escuchado».

O vindeiro venres, o Centro Dramático Galego estreará a primeira das pezas de Roberto Vidal Bolaño que protagonizarán o Días das Letras Galegas, que este ano se dedican a este dramaturgo compostelán. Días sen gloria, unha peza sobre o Camiño de Santiago, permanecerá en Compostela antes de saír de xira por Galicia. A directora desta versión é Fefa Noia e o reparto está encabezado por Manuel Manquiña.

A Consellería de Cultura e Educación e o Consello da Cultura Galega firmaron un convenio para desenvolver un programa de actividades que celebre os 50 anos de normalización lingüística en Galicia. O convenio inclúe a realización dunha peza audiovisual sobre o proceso normalizador, os celebración dos encontros e a elaboración dun libro sobre lingua en Cuba con colaboracións do escritor Xosé Neira Vilas.

No mesmo día en que se conmemora o libro infantil e xuvenil, a editorial Kalandraka cumpre 15 anos de existencia. Foi o 2 de abril de 1998 e desde esa data a editorial leva publicado máis de 1.300 títulos en diferentes linguas. Para celebrar este aniversario a editorial estreará hoxe a venta en rede dos seus títulos a través dunha plataforma de comercio electrónico desde a web www.kalandraka.com.

«Non haberá nin fusión, nin confusión, nin absorción»

Xesús Alonso Montero situou no campo do ruxe ruxe a posibilidade de que a «Academia sexa asumida ou absorbida ou fusionada con outras institucións». Pero o aspirante á presidencia asegurou que nada diso ía a pasar: «Non habería nin fusión, nin confusión nin absorción». Segundo o profesor a «Academia ten unhas competencias únicas en determinados cometidos e manterá a independencia para poder realizalos».

Explicou que desta institución dependían as decisións normativas do galego e depende tamén a escolla do autor ou autora que se celebre no Día das Letras Galegas, «só por este cometido xa paga a pena que exista a Real Academia». Sinalou, addemais, que era responsabilidade desta institución coidar do patrimonio bibliográfico e pictórico existente na institución.

Apuntou que é necesaria «unha maior coordinación con institucións que traballan en eidos similares aos nosos, esa coordinación xa existe e teremos que ampliala, pero ningún ha desas institucións que se mencionan teñen as competencias legais en materia de lingua que ten a Academia Galega».