Tokio3 de Voadora gaña os María Casares nunha gala de resistencia e protesta

Camilo Franco A CORUÑA

CULTURA

Paco Rodriguez

Cinco premios distinguiron a Tokio3, de Voadora, como a mellor obra de teatro galego en 2012. O premio á mellor montaxe foi para Nuncabunga, de Elefante Elegante.

28 mar 2013 . Actualizado a las 03:28 h.

A gala dos premios María Casares converteuse nunha testemuña máis das dificultades polas que está atravesando o sector escénico galego. Mentres o presidente dos actores pedía acabar cos recortes, explica que o sector vivía un desmantelamento desde o ano 2010.

Voadora, con Tokio3, sumou cinco premios, aínda que o premio para a mellor montaxe levouno, por primeira vez na historia dos premios, unha peza infantil, Nuncabunga de Elefante Elegante

No segundo lugar esatístico quedou Sarabela, que aínda que partía como favorita con dez candidaturas, quedou finalmente en tres, entre elas a de mellor texto adaptado, para Ánxeles Cuñas.

Mentres Sarabela sumou os premios a mellor maquillaxe e vestiario, Tokio3 foi premiada coa mellor dirección e escenografía para Marta Pazos, a mellor iluminación para Baltasar Patiño, e musica orixinal para Hugo Torres e José Díaz.

Ibuprofeno Teatro levou dous premios, un para mellor actriz, Marián Bañobre e outro como mellor texto orixinal para Santiago Cortegoso pola peza Pequenos actos pseudorrevolucionarios...

Os premiados, con Pilar Pereira recollendo o premio de honra, reclamaron un trato distinto ao que as administracións estan prestando ao sector escénico.