Ernesto González Seoane: «A situación do idioma galego é manifestamente mellorable»

Seoane aposta por buscar fontes alternativas de financiamento

Ernesto González Seoane (O Barqueiro, 1962) é catedrático de Filoloxía Galega.
Ernesto González Seoane (O Barqueiro, 1962) é catedrático de Filoloxía Galega.

Santiago / La Voz

A xunta de goberno do Padroado do Instituto de Lingua Galega (ILG) acordou na mañá de onte o nomeamento do catedrático Ernesto González Seoane como novo director deste centro de investigación, cargo que ata o de agora ocupaba a profesora Rosario Álvarez. Aínda sen ser oficial, Seoane (O Barqueiro, 1962), cun traballo de investigador que se orienta ao campo da lexicografía e ao da estandarización da lingua galega, asegura que o momento é delicado no traballo en prol da lingua, pero «hai que encarar o futuro con espírito optimista».

-¿É mal momento para asumir a dirección do ILG?

-Creo que é un momento delicado porque estamos sumidos nunha crise económica bastante aguda, onde todo o mundo sabe que o financiamento da investigación está experimentando uns recortes moi significativos. Como consecuencia supoñemos que a actividade investigadora se pode ver afectada, porque estes recortes afectan moi especificamente á xente que investiga no seo das universidades. O financiamento do ILG ten dúas vías, por un lado convenios con institucións, e moi sinaladamente coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, e por outro, como todos os demais grupos de investigación, nútrese de convocatorias competitivas. Todos os grupos observamos que as convocatorias son cada vez máis restritivas e se destina un financiamento menor. Hai que buscar fontes alternativas como constituír redes. Estamos tratando de explorar esta vía, a través da colaboración con outros grupos de perfil similar e con outros que poden resultar complementarios para beneficiarnos mutuamente dos nosos coñecementos.

-¿Cal é a saúde da lingua?

-Manifestamente mellorable. É moito o que hai que facer, creo que desde a nosa particular posición como centro universitario de investigación debemos contribuír a un mellor coñecemento e a unha potenciación da lingua, pero a situación non é moi... Digamos que é manifestamente mellorable.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
15 votos

Ernesto González Seoane: «A situación do idioma galego é manifestamente mellorable»