A AELG concede a Lídia Jorge o premio de Escritora Galega Universal

redacción / la voz

CULTURA

Un novo premio, Mestres e Mestras da Memoria, recaeu en Manuela Cortizo e Ángel Rivas

23 mar 2013 . Actualizado a las 07:00 h.

A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega concedeu o seu galardón Escritora Galega Universal á brasileira Lídia Jorge. Tamén inaugura un novo premio, Mestres e Mestras da Memoria, que recaeu en Manuela Cortizo e Ángel Rivas, e distinguirá ás asociacións culturais dos anos sesenta e setenta e aos humoristas gráficos Siro López, O Carrabouxo, Gogue, Pepe Carreiro e Xaquín Marín.

A AELG tamén anunciou os finalistas dos seus premios nas súas respectivas categorías: blog literario, Ramón Nicolás, Armando Requeixo e Antonio García Teijeiro e Antón García Fernández; ensaio, Carlos Callón, Luís G. Soto e Ramón Nicolás; literatura infantil e xuvenil, Teresa González Costa, Ledicia Costas, Fina Casalderrey e Francisco Castro e Marcos Calveiro; xornalismo cultural, Ana Romaní, Blanca-Ana Roig Rechou, Carme Vidal, Fran P. Lorenzo, Iago Martínez, María Solar, Moncho Paz e Ramón Nicolás; narrativa, Francisco X. Fernández Naval, Manuel Rivas, Begoña Caamaño, María e Manuel Lorenzo e Xavier Alcalá; poesía, Salinas Portugal, Ramón Blanco, Lorena Souto, Mario Regueira, Álvarez Torneiro e Daniel Salgado; teatro, Francisco Pillado e Manuel Lourenzo; e tradución, Darío Xohán Cabana, Moncho Iglesias e Samar Sabat, Isabel Soto, Jesús Saavedra e Xesús Fraga.