Ferrín di que informará «ao seu debido tempo» sobre se repensa a súa dimisión

CULTURA

GUSTAVO RIVAS

Asistiu este mediodía na sede da Real Academia Galega ao primeiro acto público desde que anunciou a súa dimisión

28 feb 2013 . Actualizado a las 18:33 h.

Xosé Luís Méndez Ferrín asistiu este mediodía na sede da Real Academia Galega ao primeiro acto público desde que o pasado luns anunciou a súa dimisión como presidente da centenaria institución.

Ás insistentes preguntas dos xornalistas sobre a súa decisión de abandonar a Academia, Ferrín respondeu unha e outra vez cun rotundo «non hai comentarios». Só limitouse a responder que informará «ao seu debido tempo» sobre a posibilidade de repensar a súa dimisión ante as mostras de apoio de destacados académicos, como Manuel Rivas e Darío Xohán Cabana, e de entidades como a Asociación de Escritores en Lingua Galega e o Centro Pen Galicia, que pediron expresamente que continúe no seu cargo ata esgotar o seu mandado en xaneiro do 2014. Ante a pregunta de como estaba dixerindo o conflito na Real Academia Galega sinalou: «Moi enxeñoso. Ben, grazas».

Méndez Ferrín fixo estas declaracións tras presidir, na sede da Real Academia Galega, a presentación do Dicionario de alimentación e restauración, acto no que interviron tamén o secretaroi xeral de Política Lingüística, Valentín García, e Manuel González, tesoureiro da Academia e coordinador desta publicación.