O presidente do Consello da Cultura lamenta que Méndez Ferrín abandone a Academia

Camilo Franco SANTIAGO / LA VOZ

CULTURA

Villares reconeceu que a Real Academia vivía unha situación delicada

28 feb 2013 . Actualizado a las 16:20 h.

Minutos antes de comezar o congreso sobre Rosalía de Castro, o presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares, lamentou que Xosé Luís Méndez Ferrín abandone a presidencia da Real Academia e recoñeceu que esta última institució vivía unha situación delicada.

Villares sinalou que o Consello da Cultura non interfire «nos cometidos doutras institucións», como asegurara o secretario da RAG, Xosé Luís Axeitos nunha entrevista en La Voz de Galicia. O presidente do Consello recordou que o plenario que preside rexeitara xa as afirmacións sobre posibles inxerencias e que a actitude desta institución «é sempre de cooperación con calquera outra entidade». Villares, que tamén é académico, sinalou que lamentaba a decisión de Méndez Ferrín pero explicou que a «respectaba en tanto que é unha decisión personal». Admite o presidente e académico que a RAG vivía unha situación delicada na que haberá que reflexionar «cara a onde se quere ir».