Méndez Ferrín deixa a presidencia da Real Academia Galega

Aínda tiña un ano de mandato e podía aspirar á reelección. A renuncia ten lugar despois das denuncias que apuntan intentos doutras institucións para controlar a RAG

FErrín, nun acto da RAG en xaneiro
FErrín, nun acto da RAG en xaneiro
Camilo Franco

Xosé Luís Méndez Ferrín presentará no próximo plenario a súa dimisión como presidente da Real Academia Galega (RAG). Ferrín, que foi o presidente número 13 da institución, aínda tiña un ano de mandato e podía aspirar á reelección no cargo, pero decidiu abandonar en medio da polémica interna vivida durante as útlimas semanas na institución da rúa Tabernas.

Ferrín accedera á presidencia da RAG no 2010. Segundo apunta nunha carta remitida aos mebros da corporación, Ferrín dimite como presidente e mesmo como numerario da Real Academia Galega. A renuncia ao cargo prodúcese en medio dunha forte polémica interna revelada na entrevista que publica hoxe La Voz co secretario da institución, Xosé Luís Axeitos, que denuncia intentos de institucións alleas, como o Instituto da Lingua Galega e o Consello da Cultura Galega, por facerse co control da Academia.

No escrito remitido aos numerarios da Real Academia Galega, Méndez Ferrín agradece expresamente o labor de Axeitos durante estes tres anos de mandato da actual corporación e subliña tamén o seu agradecemento «á maioría» dos membros da corporación. Respecto aos ataques recibidos por parte dun sector crítico dentro da corporacion, Ferrín sinala que estes fixéronlle sentir que non ten sitio na Academia.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
45 votos

Méndez Ferrín deixa a presidencia da Real Academia Galega