A Asociación Vidal Bolaño nomea presidente de honra a Manuel Quintáns

Santiago / la voz

CULTURA

O colectivo presentou onte o seu programa de actividades.
O colectivo presentou onte o seu programa de actividades. S. ALONSO< / span>

A sociedade presentou o seu programa de actividades para facer durar a enerxía do Día das Letras máis alá do 2013

06 feb 2013 . Actualizado a las 07:00 h.

Co obxectivo de facer durar a enerxía do Día da Letras Galegas máis alá do 2013, presentouse en sociedade a Asociación Roberto Vidal Bolaño, nun acto no que se explicaron algunhas actividades nas que o colectivo impulsa ou colabora e no que se nomeou como presidente de honra da entidade a Manuel Quintáns, amigo do homenaxeado e un dos máis grandes coñecedores da obra de Vidal Bolaño.

Segundo se explicou no acto do Teatro Principal de Santiago, tras a etapa de posta en marcha da asociación, agora iniciábase a etapa da participación de quen queira formar parte dela. No acto de presentación participaron representantes da cultura galega, como Antonio Durán Morris, Laura Ponte, Manuel Guede, Roberto Pascual ou Luís Rei. A inscrición na asociación pódese formalizar na súa web cunha cantidade anual de 12 euros.