O Centro Dramático Galego recupera as gravacións de obras de Roberto Vidal Bolaño

Analizar a obra de Roberto Vidal Bolaño desde as grabacións audiovisuais das súas montaxes é o cometido dun ciclo posto en marcha polo CDG e no que participán Inma López Silva e Xosé Manuel Fernández Castro para comentar as distintas montaxes.


Santiago de Compostela

A gravación dunha obra teatral non é teatro, pero pode axudar a entender a súa natureza. Así explicou Xosé Manuel Fernández Castro a intención do ciclo que esta semana porá en marcha o Centro Dramático Galego para analizar a obra de Roberto Vidal Bolaño. É un ciclo de proxeccións no Salón Teatro que se celebrará nos meses de febreiro e novembro e no que se poderán ver e comentar fragmentos dunha boa parte da obra do dramaturgo a quen este ano se lle adica o Día das Letras Galegas.

Vidal Bolaño recuperado: citas audiovisuais é o título deste ciclo que, segundo o director do CDG, Manuel Guede, quere «recuperar e manter visible a figura e a obra do escritor». O ciclo comezará o vindeiro día seis de febreiro e terá dúas citas semanais durante ese mes para continuar logo en novembro. A configuración destas citas é a de visionar fragmentos das obras seleccionadas que serán comentadas polos especialistas Inma López Silva e Xosé Manuel Fernández Castro. Esta primeira semana estará protagonizada por Agasallo de sombras e Rosalía, dúas montaxes que, separadas por arredor de vinte anos, Vidal Bolaño fixo para o Centro Dramático Galego.

Inma López Silva asegurou que era un «luxo poder analizar as linguaxes escénicas dun autor como Roberto Vidal Bolaño». A escritora e profesora apuntou que a súa intención é «explicar desde a análise o fascinio que provoca a escrita escénica, en particular a de Vidal Bolaño».

Xosé Manuel Fernández Castro, autor dun extenso estudo biográfico de Vidal Bolaño sinalou reclamou a creación dun centro de documentación teatral porque ningún «sistema escénico está completo sen ensino e investigación».

As sesións ofrecerán fragmentos das obras de Bolaño seguidos de comentarios dos especialistas para logo entrar nun debate. Serán gratuítas, comezarán as 19.00 horas e terán como duración entre hora e media e dúas horas.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
5 votos

O Centro Dramático Galego recupera as gravacións de obras de Roberto Vidal Bolaño