«Culturas» repasa unha década de cultura galega

O suplemento publica mañá unha edición especial no número 500


La Voz / Redacción

Son 24 páxinas que analizan a última década da cultura galega. O suplemento Culturas publica mañá o seu número 500 e fai un repaso dos dez anos nos que foi testemuña da evolución da creación en todos os ámbitos. Os críticos analizan os fitos máis destacados da literatura, arte, cómic, teatro, cine, arquitectura e música, nun amplo percorrido que inclúe tamén entrevistas con algúns dos persoeiros máis destacados da década e artigos de opinión dos colaboradores habituais do suplemento. Culturas entrégase de forma gratuíta xunto ao xornal.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
1 votos

«Culturas» repasa unha década de cultura galega