Vinte e seis autoras galegas escriben a súa carta de Reis

Tamara Montero
Tamara Montero SANTIAGO / LA VOZ

CULTURA

O acto de presentación contou coa asistencia de varias autoras.
O acto de presentación contou coa asistencia de varias autoras. álvaro ballesteros< / span>

Un libro, publicado pola Xunta e Galaxia, recompila os discursos elaborados por 26 escritoras para Melchor, Gaspar e Baltasar

03 ene 2013 . Actualizado a las 10:49 h.

Para poder ler as cartas que chegan de todos os recunchos do mundo, os Reis Magos coñecen moitos idiomas e este Nadal, cando cheguen a noite do día 5, demostrarán en todas as vilas de Galicia o seu dominio do galego. A Secretaría Xeral de Política Lingüística púxollo un pouco máis doado a Melchor, Gaspar e Baltasar para que dean máis pulo ao galego, e onte presentou O libro dos Reis Magos, no que 26 autoras escriben outros tantos discursos para que as Súas Maxestades poidan lelos durante as cabalgatas do sábado.

A iniciativa, que pretende «vincular a experiencia positiva do Nadal co uso do galego», segundo o conselleiro de Cultura e Educación, Xesús Vázquez, contou coa colaboración de escritoras galegas de gran sona e coa axuda da editorial Galaxia, que exerceu nesta ocasión de produtora deste libro ilustrado por Marina Seoane. O director xeral da editorial, Víctor Freixanes, aproveitou a ateigada presentación do volume para compor de memoria a súa carta aos Reis Magos, na que lle pediu que o galego saia das loitas políticas e do «gueto da aula» porque «o galego é de todos, incluso de quen non o fala».