«Culturas» celebra 500 números e dez anos de creación en Galicia

O suplemento publica este sábado un especial de 24 páxinas


Redacción / La Voz

O suplemento Culturas chega este sábado ao número 500 e celébrao cunha edición especial de 24 páxinas que repasan unha década de cultura galega en todos os ámbitos. A publicación, que foi testemuña dos vaivéns da creación nos últimos dez anos, fai un balance do pasado recente e analiza o presente de literatura, banda deseñada, arte, arquitectura, música, cine e teatro, a través dos críticos que seguiron a evolución da nosa cultura neste período. Os expertos elixen, ademais, os dez fitos máis destacados en cada unha das disciplinas, como parte dun completo mosaico da cultura da década que se completa cos artigos de opinión das firmas que colaboran habitualmente no suplemento.

O «Culturas» número 500 inclúe 24 páxinas nas que os expertos fan balance da cultura da década, entrevistan a unha personalidade representativa de cada sector e sinalan os dez fitos máis destacados ao longo dos últimos dez anos.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
3 votos
Tags

«Culturas» celebra 500 números e dez anos de creación en Galicia