Xaime Subiela gaña o Ramón Piñeiro cun ensaio sobre os retos de Galicia

redacción / la voz

CULTURA

22 dic 2012 . Actualizado a las 07:00 h.

O investigador social e analista político Xaime Subiela resultou gañador do premio Ramón Piñeiro de ensaio na súa décima edición, cun traballo titulado Para que nos serve Galiza? O galardón está convocado polo Centro Ramón Piñeiro e Editorial Galaxia, coa colaboración de Gas Natural Fenosa, e está dotado con 3.000 euros e a publicación da obra.

No texto gañador, Subiela afronta os retos que se lle abren a Galicia no futuro. O xurado valorou «a modernidade da análise da situación actual» de Galicia e a «novidosa» formulación dos retos da sociedade galega. O ensaio constrúese arredor da idea de buscar alternativas conciliadoras en torno ao concepto integrador de nación, cunha visión optimista de futuro.

Subiela foi director técnico dos plans de normalización dos concellos de Ferrol e Santiago e de informes sobre política lingüística.